Obradoiro

O proceso productivo comenza por coller o material cerámica (gres, barro refracario ou porcelana) e facer láminas do tamaño da peza a realizar. Posteriormente ésta lámina é impresa sobre un molde de escaiola que leva gravado os motivos que logo aparecerán na peza, para despois de deixála secar hasta o punto adecuado para a súa conformación final.

A partires de aquí, deixáse secar e cócese por primeira vez a 980º, o que se chama bizcocho, en términos cerámicos. Despóis o esmalte ten que ser calibrado, regulando a densidade do mesmo, pois varía co tempo, e ademáis cada tamaño de peza leva unha exacta cantidade de esmalte. Nalgúns casos fáise a aplicación dun segundo esmalte, o que amplía a gama de cores enormemente. As cores son resultado da cantidade de esmalte aplicado, así como da forma da peza, a súa colocación dentro do forno e o tempo que estivo dentro do mesmo. Sempre resulta unha sorpresa o feito de abrir o forno.

A característica principal das producción cerámica son os esmaltes,e que nunca repiten as súas coloracións o que fa fai que cada peza sexa única e irrepetible.

Actualmente realizamos dous tipos diferenciados de produción, a realizada en gres e a realizada en arxilas refractarias (vermella e branca), relegando a porcelana ao terreo da decoración persoal.

Obradoiro Fernando Porto

O marcado carácter mariño e atlántico apréciase non somentes na variedade das cores senon tamén nas formas e nos motivos. Aparecen caracóis, espiráis, e superficies que suxiren poéticas da mar.

Tamén mantemos unha producción en tonos azulados e ocres, con motivos símbólicos donde predomina a conxugación da figura humana co laberinto e a natureza, representada por follas e estrelas, peixes, etc. Outros motivos son símbolos que lembran o mundo celta tanto nas formas como nos contidos.

Bandexas de diferentes tamaños, susceptibles de uso culinario, xogos de macedonia, e pequenos recipientes destinados a calqueira posible uso, reloxios, figuras e floreiros de parede, etc…

Outra parte da nosa producción está adicada á creación e producción de pezas de pequeño formato para a decoración personal, colgantes, pendentes, anéis, pulseiras, etc…en porcelana e gres. Moitas destas pezas son combinadas con fornituras de prata.

Ademáis desta producción tamén realizamos traballos por encargo, regalos de empresa, para vodas, muráis, etc…

Obradoiro Trini

Tenda

Exposición
Exposición

Visita á nosa exposición en:

Rúa Irida, 29
36680 A Estrada
(Pontevedra)

T.: 678 53 15 65

CONTACTAR