Unha viaxe á intimidade
nas cores,
nas formas,
nos símbolos...

Quenes somos?

OBRADOIRO F.Porto é un obradoiro formado por Fernando Porto e Trinidad Barranco.

A marcada esencia atlántica dos productos que elaboramos é o que caracteriza a nosa producción.

Alá no ano 1979 Fernando Porto comenza a súa andadura no mundo da cerámica, en Carnota despóis de adicarse ao debuxo, á pintura, a ilustración e á poesía. Comenza realizando pombas e animáis imaginarios de carácter ancestral coa técnica do engobe branco esgrafiado. E a partires de aquí ocupa boa parte do tempo na súa formación, asistindo a cursos de esmaltes, torno, serigrafía, etc… No ano 1983 coñece á súa compañeira Trinidad Barranco, cun longo curriculum na cerámica e a orfebrería coa cal comparte a actividade ata o día de hoxe.

O obradoiro está situado en A Estrada, á beira de Santiago de Compostela. Na producción das pezas utilizamos grande variedade de materias primas, porcelana, greses e barros refractarios, todos cocidos a 1250ª, e cubertos con esmaltes de fabricación propia que lle dan a personalidade carácterística de este tipo de producción, e fan que cada peza sexa única. A súa coloración aparece despóis da cocción, pois é a maxia do lume quen mostra as tonalidades acuáticas, atlánticas, sobre as formas curvas, espiráis,que representan esencias de Galicia. aspecto singular da nosa producción. Polas súas características irrepetibles fan que cada peza sexa única.


Cerámica Cerámica
Xoiaría Xoiería
Textil Textil
Fractais Fractais
Pintura Pintura
Debuxos Debuxos